ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
22/09/2026

O Concello de Muros paraliza as obras que racharon os cantís de Punta Abelleira, tras a denuncia de ADEGA

A organización ecoloxista esixe que o proxecto sexa sometido ao procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental, ao afectar unha zona de especial sensibilidade ambiental.

+info

09/09/2026

Ons non é illa para especies en perigo

Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción, foron eliminados polo rozado de camiños na illa.

+info

07/08/2026

Nova poboación de planta en perigo crítico de extinción, ameazada por unha infraestrutura da Xunta

Unha nova poboación de Euphor uliginosa (leiteiriña das brañas) foi recentemente descuberta por ADEGA xusto no trazado da variante de Carballo, que a Xunta acaba de autorizar. É o que acontece cando a avaliación ambiental se reduce a un mero trámite.

+info

09/06/2026

Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño en plena cría da píllara das dunas

Esta nova agresión aos hábitats costeiros pon a proba a xestión do litoral por parte da Xunta durante a tempada de verán: conservar os ecosistemas ou enchelos de chiringuitos?

+info

23/04/2026

Entidades ecoloxistas piden á Xunta que suspenda o concurso de pesca do salmón no Ulla

Os colectivos que promoven a campaña #AlertaSalmónGalego solicitan formalmente a suspensión do campionato de pesca de salmón no Ulla previsto para o vindeiro 10 de maio.

+info

16/04/2026

A Xunta manobra para posibilitar que Naturgy continúe explotando o Tambre até o ano 2101

Augas impide a ADEGA acceder aos expedientes de extinción e a organización solicita a ampliación do prazo para presentar achegas

O anuncio da extinción de oficio dos 3 aproveitamentos de Naturgy no Tambre non é alleo á reactivación da balsa da Cornanda, suspendida pola Xunta para dar acceso á eléctrica. Trocar 60 MW por 300 e 75 anos máis no río semella sempre un bo negocio!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal