05/10/2020
ADEGA reclama a restitución de Fernando Cobo ao fronte da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, por ser un referente na investigación científica sobre conservación e estudo das augas continentais e polo seu compromiso cos ríos galegos.
30/09/2020
Novamente moitas persoas molláronse polos ríos na XIII Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos ríos.
24/09/2020
Esta fin de semana, Proxecto Ríos e a asociación ecoloxista ADEGA organizan a XIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” que este ano se celebra en 49 concellos de toda Galiza, e na que participarán un total de 58 entidades
23/09/2020
Case medio século usando o encoro da Capela como vertedoiro deixan pegada no Eume. O baixo nível das augas amosa lamas e refugallos mineiros con alto potencial contaminante no vaso
07/09/2020
Ante a pretensión por parte do Concello de Monforte da construción dunha ponte sobre o río Cabe, ADEGA considera prioritaria a elaboración dun plan de mobilidade sostible, rigoroso e obxectivo que sustente a construcción deste proxecto.
05/08/2020
ADEGA vén de instar ao Ministerio Fiscal a que abra a oportuna investigación contra ADIF por presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, tras trascender que tirou dous vagóns de tren ao río Sil.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal