23/11/2020
Algúns contratos eólicos son pouco menos que insultantes para os titulares das terras. Prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen "opcións de arrendamento" a 5 anos pagando CERO!
11/11/2020
As 26 granxas de visóns radicadas en Galiza (as 3/4 partes do Estado), alén de supoñer un elevado risco biolóxico para os ecosistemas, poden ser un vector de dispersión de novas cepas de COVID-19. A que agarda a Xunta para decretar o seu peche?
06/11/2020
ADEGA Lugo, insta ao Concello de Lugo que emende o erro de considerar o eucalipto e o piñeiro como madeira autóctona galega e non leve ao engano á cidadanía lucense.
28/10/2020
A devesa de Anllares, ao carón do río Xallas, leva décadas sofrindo as consecuencias do esquecemento -intencionado- das institucións. Recurtada, fragmentada e agora ameazada polos eucaliptos, urxe xa a súa protección!
09/10/2020
ADEGA, entre outras entidades, demanda ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente que actúen inmediatamente contra a erosión e a perda de solo e biodiversidade nos espazos naturais asolados polo lume.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal