01/02/2023
Perante a pasividade e o desleixo da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que tolerou durante anos as actividades malia recoñecer os danos, vimos de acudir ao ICOMOS, comité estatal da UNESCO, para que faga valer a protección do Camiño
30/01/2023
ADEGA-Lugo promove unha reunión o vindeiro mércores ás 20.30 no local de Fontiñas para informar a veciñanza sobre este proxecto con graves afeccións ambiental, cultural e social autorizado pola Xunta de Galicia.
27/01/2023
O anteproxecto de Lei do Litoral presentado recentemente pola Xunta responde máis a unha estratexia de confrontación do PP co goberno do Estado que á vontade de xestionar sustentablemente o este estatéxico espazo.
23/01/2023
O Congreso vai convalidar o RDL 20/2022 que elimina por dous anos a necesidade de someter a avaliación ambiental os proxectos de renovábeis. Esta medida "excepcional" consolida un estado de excepción ambiental que suspende dereitos cidadás
19/01/2023
Non hai dous sen tres: o TSXG vén acordar por medio dun Auto con data 16 de decembro a paralización cautelar do parque eólico “Monte Toural”, tal como fixera co “Campelo” e o “Bustelo”, os tres de Greenalia.
13/01/2023
A tartaraña cincenta (Circus pygargus) vén de ser elixida Ave do Ano 2023. É unha especie que precisa dunha atención especial polo seu mal estado de conservación e simboliza a urxencia de protexer os hábitats que a acollen
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal