O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio e deseñada á vontade dos grandes lobby
Galiza volveu ser contundente! Máis de 5000 persoas saímos á rúa hoxe, Día Internacional das Montañas, para reclamar unha moratoria real e efectiva de todos os proxectos eólicos en tramitación e a derrogación do Plan Eólico!
Con motivo do Día mundial das Montañas, o 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non”, da que fai parte ADEGA, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica.
A febre do megawatio entra nunha nova fase especulativa. Agora abonda con fundar unha empresa con 3000¤, presentar un proxecto hidroeléctrico para furar o Macizo Central e lucrarse revendendo a concesión. Nesta colonia hai ríos para aburrir!
Dende este domingo 24 de outubro e ata o 12 de xuño, visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo das nosas montañas.
ADEGA vén de presentar dous recursos de alzada contra senllos parques eólicos de Greenalia recén aprobados. Son como moitos outros, exemplo de fragmentación artificial e danos a especies ameazadas e se a Xunta non recúa, acabarán no contencioso.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal