Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
20/09/2022
ALCOA vén de presentar un novo proxecto de recrecemento do depósito de lamas vermellas. O dique está chegando aos 98m e a empresa quere aumentalo aos 104 para seguir vertendo. Pedimos á Xunta que rexeite novas ampliacións e peche a balsa na cota 100m
19/09/2022
As seis entidades que integran o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), entre as que está ADEGA, recorren no Tribunal Supremo o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2023 e a zonificación ambiental do MITERD.
15/09/2022
ADEGA advirte que as mortaldades de gaivotas e outras aves acuáticas por botulismo pasaron de ser episodios extraordinarias a recorrentes, e insta á Xunta a identificar canto antes os focos da doenza e a tomar medidas.
31/08/2022
Un equipo técnico-xurídico de ADEGA está estes días en Bruxelas, convidado pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, para denunciar a grave e sistemática vulneración das Directivas comunitarias no actual proceso de implantación eólica.
18/08/2022
A plataforma "Por un Monte Galego con Futuro" denunciou ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de Galiza
26/08/2022
A primeiros de setembro ADEGA acudirá a Bruxelas para presentar dúas denuncias coas que pretende que a CE investigue os procedementos en tramitación de proxectos eólicos en Galiza e actúe en consecuencia se incumpren o actual marco legal europeo
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal