21/04/2015
Este 21 de abril, membros de dúas entidades catalás visitan o ecoespazo O Rexo (Allariz) para coñecer o proxecto "Charcas con Vida" e a charca alí construída. Aliás, poderán coñecer outras iniciativas galegas de custodia do territorio
09/04/2015
A Xunta vén de respostar á nosa denuncia pola tala salvaxe dunha árbore senlleira: o eucalipto bicentenario de Maná. Este patrimonio público era un "perigo" para a seguridade das persoas: as que voan nas avionetas privadas do aeródromo das Rozas
07/04/2015
ADEGA presentou alegacións en Medio Ambiente contra un expediente promovido polo Concello de Baralla que tenta eliminar a protección dun espazo natural no planeamento urbanístico municipal para poder autorizar unha canteira.
Onte persoal de ADEGA - Charcas con Vida xunto con persoal da Dirección Xeral de Conservación da Natureza puideron rescatar case 200 sapos atrapados nunha canle de rega no concello de Pontecaldelas, no lugar de Parada.
24/03/2015
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ditar sentenza que condena a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a actuar contra varias agresións denunciadas por ADEGA e que afectaron ao tramo alto do río Rato.
17/03/2015
ADEGA vén de denunciar outra plantación de pirófitas (piñeiros) en Rede Natura, desta volta no Canón do Sil. Dase a circunstancia que este cambio de usos afecta tamén ao territorio de campeo da aguia real, a pouca distancia dunha área de aniñamento
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal