Inicio / Novas / Delegacións /
16/11/2016
| A Mariña
Ante o fallo do Tribunal Supremo que obriga a Xunta a indemnizar a empresa construtora responsable da destrución de parte do castro da Atalaia, ADEGA e Mariña Patrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo do sucedido.
14/11/2016
| A Coruña
Ao abeiro da subvencións para cultura e educación ambiental do concello da Coruña, ADEGA vai desenvolver un proxecto de compostaxe caseira coa veciñanza de Feáns e Mesoiro. Xa podedes solicitar o voso composteiro!
06/11/2016
| Ferrolterra-Trasancos
Relizada mesa informativa de ADEGA nas comarcas de Ferrol , Eume e Ortegal a prol do transporte sostíbel, mellora do transporte público, promoción do uso da bicicleta , bus e tren.
03/11/2016
| Lugo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso do Foro do Camiño e xustifica a deturpación da traza histórica do Camiño Primitivo a Compostela na existencia dun baleiro legal sobre como realizar as delimitacións das vías medievais.
02/11/2016
| Lugo
A plataforma "Lugo de Cara ao Miño", da que forma parte ADEGA, aplaude o inicio das obras de desmonte do dique ilegal no río Miño e insta ao Concello de Lugo a dar un paso máis e a revisar a posible rescisión do contrato coa empresa hidroeléctrica.
20/10/2016
| Lugo
ADEGA-Lugo dedicará os roteiros deste curso 2016-2017 a mostrar diferentes iniciativas, repartidas por todo o país, que teñen como obxectivo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural e poñelas en destaque.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal