ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
23/07/2025

Os ecoloxistas galegos non participarán no COGAMADS mentres censure do debate asuntos de interese xeral

Hai xa 3 anos que a conselleira de Medio Ambiente evita levar ao COGAMADS o debate sobre os impactos negativos no medio ambiente da invasión eólica, malia as reiteradas solicitudes das entidades ecoloxistas. Hoxe non acudirán á reunión do consello.

+info

16/07/2025

A illa de compostaxe do CIFP de Compostela tratou en seis meses 5 toneladas de biorresiduos

ADEGA é a encargada da formación e seguimento no marco do proxecto Compostela Composta.

+info

09/07/2025

ADEGA rexeita a urbanización e a masificación turística da Illa de Tambo

O último documento presentado polo concello de Poio para solicitar a declaración de ENIL para Tambo inclúe a construción de diversas infraestruturas que provocarán a artificialización e a degradación da illa

+info

03/07/2025

Un novo gromo de botulismo volve causar a morte de aves na lagoa da Congorza (Cangas)

ADEGA-Vigo denuncia o desleixo das administracións para a identificación a tempo deste gromo e a adopción de medidas que poñan en valor este espazo natural.

+info

03/07/2025

A asociación ecoloxista denuncia a intención de construír un edificio de oito plantas nas marxes do Rato

ADEGA-Lugo lanza unha campaña para reivindicar as beiras dos ríos Miño e Rato como espazos verdes

ADEGA, canda a asociacións veciñais, colocan unha faixa rotonda das rúas Infanta Elena e Paradai para reivindicar a protección das beiras dos ríos

Na tarde do pasado luns, socias de ADEGA acompañada de xente das Asociacións de veciños de Paradai, colocaron unha faixa reivindicando que as beiras dos ríos de Lugo podan seguir sendo espazos verdes.

+info

25/06/2025

ADEGA publica a Revista Cerna Nº 93, unha ollada crítica e diversa aos desafíos ambientais en Galiza

Cerna é maior revista sobre o medio ambiente e ecoloxía de Galiza, xa dispoñible en formato dixital.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal