30/01/2014
En 2014 ADEGA dará continuidade ao proxecto "Charcas con Vida" iniciado en 2013. Centos de voluntarios/as axudaron xa a coñecer e conservar as charcas de Galiza. Ti tamén podes colaborar: Enchárcate con nós!
07/01/2014
ADEGA-Lugo propón unha nova xeira de roteiros para os primeiros meses de 2014. O programa “Roteiros H2O” está destinado a recoñecer a auga en varias das súas formas e funcionalidades e en diferentes eidos e espazos naturais do país. Descárgao!
03/12/2013
ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e Asociación Galega para a Custodia do Territorio presentamos hoxe un estudo técnico que pon de relevo as deficiencias do Plan Xeral de Lugo con respecto á identificación e clasificación da rede fluvial.
19/11/2013
O proxecto Charcas con vida convoca unha nova xornada de voluntarido ambiental na Casa das Insuas para a contrución dunha charca
01/10/2013
A pesares do tempo fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos, nenas e maiores, mais todas e todos co mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos e reclamar a súa conservación.
29/09/2013
Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal