19/10/2015
Xa podes consultar e descargar aquí o último número de Sermos-ADEGA! Desta volta, está dedicado á Eira da Xoana.
15/10/2015
Unha recente sentenza da Audiencia Nacional ratificou a prohibición de plantar E. nitens nunha parcela asturiana como pretendía ENCE. A peritaxe científica foi demoledora: esta especie ten forte carácter invasor e é un risco para a biodiversidade
07/10/2015
A proposición de lei para prohibir o emprego de munición de chumbo en toda Galiza, que arestora tramita o Parlamento Galego, bateu coa radical oposición dos cazadores máis cavernícolas: a Federación Galega de Caza
30/09/2015
ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.
29/09/2015
Desde a delegación de Adega-Ferrolterra queremos denunciar publicamente un novo atentado contra o noso bosque autóctono esta vez na Fragas de Miranda,en Cariño .Unha fraga que se están a cortar co único fin de plantar eucaliptos .
19/09/2015
Coa participación de responsable da campaña Cousa de Raíces a nivel de Galiza e representación de Adega Ferrol presentouse o 19.9.2015 en Ferrol a campaña Cousa de Raíces cun acto simbólico de plantación de carballos na zona de S.Pedro de Leixa.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal