04/12/2013
A Xunta sacou a consultas o Plano de Conservación da Frouxeira-Valdoviño. O documento reforza as denuncias de ADEGA pola nefasta xestión da administración neste humidal: Incumpriron a lei perxudicando gravemente ao espazo
04/12/2013
O Colectivo Cultural Buril, a asociación Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio vimo de presentar na Xunta un escrito denunciando o lamentable estado de degradación e abandono no que se atopa o xacemento arqueolóxico de Castrelo (Burela).
03/12/2013
ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e Asociación Galega para a Custodia do Territorio presentamos hoxe un estudo técnico que pon de relevo as deficiencias do Plan Xeral de Lugo con respecto á identificación e clasificación da rede fluvial.
ADEGA e a Asociación Galega de custodia do territorio organizaron unha xornada de Voluntariado Ambiental para a construción dunha charca nunha finca custodiada.
03/12/2013
ADEGA, en colaboración coa Oficina de Medio Ambiente da UDC, realizará durante este mes dúas novas actividades para ambientalizar o Campus de Elviña.
28/11/2013
A enerxía renovábel, a xestión de residuos, as radiacións electromagnéticas, a contaminación por radón e as especies exóticas son algúns dos temas tratados nesta edición. O nº 70 de Cerna está enteiramente dispoñíbel en adega.gal/revistacerna.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal