24/02/2014
Hoxe comezou a tala das 178 árbores autóctonas do Malecón de Sarria prevista no desenvolvemento do proxecto de encauzamento do río Sarria. ADEGA demanda a paralización da tala e parabeniza á veciñanza pola súa valentía na defensa dos bens comúns.
21/02/2014
Aberto o prazo para a petición de obradoiros na Mancomunidade "Serra do Barbanza". O programa ofrece obradoiros gratuítos de educación ambiental centrados na redución, reutilización e recilcaxe de residuos.
19/02/2014
O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez resumido nun caderniño que podes descarregar en pdf
19/02/2014
No último ano, varios países europeos prohibiron a instalación de granxas de visón americano (Neovison vison) e mesmo estableceron calendarios de peche. Arestora, Galiza rexistra un boom de solicitudes para instalar máis granxas, mesmo na Rede Natura
11/02/2014
ADEGA vén de presentar alegacións para impedir a corta de 335 árbores (carballos e castiñeiros) na marxe esquerda do Rego do Convento, no lugar de Arandedo (Baralla). Trátase dun bosque de ribeira que a Conf. Hidrográfica debería conservar
11/02/2014
O informe do estado de saúde dos ríos galegos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas nas campañas de primavera e outono polo voluntariado do Proxecto Ríos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal