En outubro ADEGA denunciou que unha empresa ía construir unha planta de biomasa de 50MW cando por lei o límite era 10MW. 2 meses despois o PP modificou a norma liberalizando a potencia, e o proxecto retorna agora con outro nome e os mesmos promotores
A delegación de Adega en Ferrol, ante a renovación do plan de transporte metropolitano na comarca de Ferrolterra, solicita melloras e fortalecemento de tal plan, así como a creación de unha empresa pública municipal de transportes.
A recente imputación de Villar-Mir polo presunto financiamento irregular do PP, pon o foco nas relacións entre a Xunta e o empresario, dono e señor do río Xallas. A súa non é unha historia, é un idilio...
Realizada palestra coa intervención de Fins Eirexas, Secretario Executivo de ADEGA e Nês Lopes, da directiva de ADEGA Ferrol para destacar a importancia dos brañáis e zonas húmidas, en especial na comarca de Ferrol os de Valdoviño, Doniños,Mandiá,etc
Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.
A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e ADEGA expoñen os motivos legais e de índole ambiental, socioeconómica e de xustiza que fundamentan a extinción da concesión outorgada ao Concello de Lugo para explotar a Fábrica da Luz.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal