20/06/2019
Veciñanza da zona e distintos colectivos convocan concentracións este sábado 22 ao mediodía diante das Casas do Concello de Samos e Triacastela exixindo a paralización do proxecto eólico e unha posterior andaina lúdica ao corazón da serra.
19/06/2019
Trala asemblea comarcal Ferrol, e tras tocar os puntos habituáis, quedou constituida a nova Xunta Directiva da delegación de Ferrol-Eume-Ortegal, presidida por Xosé A. Muñiz e co secretariado: Miguel Anjo González
17/06/2019
Combater o problema da erosión do solo debe ser prioritario en Galiza. Anualmente, pérdense preto de 42 millóns de toneladas de solo debido á erosión e o 12 % do territorio está baixo risco de desertificación.
13/06/2019
ADEGA e a SGO piden a paralización inmediata das obras que se están a desenvolver no cumio da Serra de Oribio (Triacastela-Samos) ao aparentar ser as dun parque eólico non autorizado definitivamente e cunha DIA caduca.
24/05/2019
ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns...
22/05/2019
O recente informe do IPBES (painel internacional para a diversidade biolóxica, UNESCO) subliña a preocupante situación da biodiversidade mundial, inmersa nun acelerado proceso de extinción. Neste día avaliamos a situación e as consecuencias en Galiza
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal