28/11/2016
Durante a pasada fin de semana (25 e 26 de novembro), dous colexos e varias entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e lagoas litorais, denunciando así a problemática ambiental do lixo mariño
28/11/2016
Coma cada Nadal, e xa van sete edicións, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza as xornadas de sustentabilidade. desta volta, o lugar escollido será a Facultade de Dereito e o día o 1 de decembro.
23/11/2016
Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, degradado pola propia administración...
18/11/2016
ADEGA e a Asociación Dignidade de Lugo asinan un convenio para fomentar a conciencia ambiental entre os menores en risco de exclusión social de Lugo. No marco deste programa realízanse roteiros, inspeccións de río, visitas ao mercado e horticultura.
16/11/2016
Ante o fallo do Tribunal Supremo que obriga a Xunta a indemnizar a empresa construtora responsable da destrución de parte do castro da Atalaia, ADEGA e Mariña Patrimonio culpan ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo do sucedido.
16/11/2016
Este é outra sorprendente conclusión tirada da memoria de sustentabilidade que SOGAMA vén de publicar: como é posíbel que SOGAMA emita máis gases contaminantes en 2015 que en 2009 con menos residuos tratados?
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal