A plataforma "Lugo de Cara ao Miño", da que forma parte ADEGA, aplaude o inicio das obras de desmonte do dique ilegal no río Miño e insta ao Concello de Lugo a dar un paso máis e a revisar a posible rescisión do contrato coa empresa hidroeléctrica.
Á vista dun recente informe da Xunta, ADEGA vén de solicitar á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que inicie un procedemento de modificación da DIA que permita corrixir os erros detectados na avaliación orixinal do proxecto.
O Ministerio de Medio Ambiente vén de resolver definitivamente o expediente sancionador contra a construción do dique ilegal da fábrica d luz no río Miño e obriga ao Concello retiralo do leito fluvial.
O pasado sábado 24 de setembro, ADEGA desenvolveu unha nova actividade de eliminación de flora exótica invasora no río Limia.
A plataforma Lugo de Cara ao Miño, da que fai parte ADEGA, vén de esixir ao Concello de Lugo que execute de forma voluntaria e urxente, antes do remate da época de estiaxe, a retirada do dique ilegal da fábrica da luz, ante o risco de desmoronamento.
O río Sar, no treito que vai dende a ponte de Iria ata o paseo do Espolón en Padrón, corre un grave risco de quedar totalmente seco.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal