05/12/2017
ADEGA demanda da Xunta e concellos medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, priorizando o combate ao desbaldimento ás novas captacións, sen esquecer e Educación Ambiental para mudar o actual paradigma consumista
30/10/2017
O pasado 16 de setembro, ADEGA desenvolveu unha nova actividade de eliminación de flora exótica invasora no río Limia
10/10/2017
ADEGA rexeita a iluminación do paseo do do río Rato e, por tanto, a colocación de case 300 farois, a carón do efluente polo impacto que a luminaria creará sobre a flora e fauna do espazo.
02/10/2017
Fomos moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos , pero todas tiñamos o mesmo obxectivo: coidar deles e concienciar da necesidade de que estean ben conservados.
08/09/2017
Despois de 50 anos de incumprimentos, ENDESA quere baleirar de lamas o encoro da Capela para cumprir co caudal ecolóxico do Eume. O proceso pendente de autorización traerá consigo episodios de forte contaminación do río, como recoñece a empresa
31/08/2017
O Concello de Lugo premia con 5 novos proxectos públicos relacionados co río Miño á empresa adxudicataria da Fábrica da Luz e que executou unha obra ilegal nun espazo de Rede Natura pola que os lucenses xa pagaron máis de 260.000 euros.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal