20/11/2018
Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de EnMarea e BNG (20), este martes o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos.
03/10/2018
Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador... Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao novo Plano Forestal do PP-ENCE
14/09/2018
ADEGA vén de publicar a edición de verán da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, que recolle artigos sobre a ILP a prol do bosque autóctono e a mina de Touro- O Pino, entre outras temáticas de actualidade.
26/06/2018
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar no Seprona unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos.
22/06/2018
Representantes da Comisión Promotora desta ILP e dos máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces" vimos de entregar este venres 22 na Xunta Eleitoral de Galiza as 42.561 sinaturas acadadas en apoio da iniciativa.
18/06/2018
No seu informe, o IGME pon en cuestión os cálculos económicos da empresa, cualificándoos de "confusos" e que poderían en certos supostos situar ao proxecto fóra do umbral de rendibilidade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal