25/04/2019
Abril.2019.Ferrol. A Fraga de Menáncaro é unha zona de bosque autóctono de Ferrol. Varios operarios dunha empresa maderera comezaron unha tala nesta zona e trala presenza de membros de Adega, Verdegaia e veciños paralizouse a actuación.
06/03/2019
ADEGA solicita ao tribunal que declare a nulidade da sentenza nº 52/2019, por erro manifesto na apreciación da proba e por infracción do ordenamento xurídico, ditando outra resolución axustada a dereito.
05/03/2019
Xaneiro 2019. Os rapaces e profesores do Colexio de primaria de A Gándara en Ferrol fixeron un mercadillo solidario con temática ambiental e decidiron doar o importa do recaudado no mercadiño a Adega na súa delegación en Ferrol . ¡¡Moitas grazas!!
12/02/2019
ADEGA anunciou hoxe que presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza que absolve ao alcalde, arquitecta municipal e o equipo de goberno de Barreiros por presunto delito de prevaricación. O fallo crea un nefasto precedente.
04/02/2019
Este 4 de febreiro remata a prazo de alegacións do novo treito da A-57 proxectada como circunvalación de Pontevedra. Unha infraestrutura sen demanda social, cara e froito de políticas de mobilidade caducas e insustentábeis
05/12/2018
O Sermos-ADEGA nº 18 pon o foco de atención no xuízo penal no que derivou a denuncia de ADEGA contra o crecemento urbanístico descontrolado de Barreiros, e polo que está imputado o alcalde desta locaildade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal