Inicio / Novas / Delegacións /
11/09/2026
| Lugo
O Concello inicia actuacións tras a denuncia da organización ecoloxista polos movementos de terras en Cellán de Mosteiro. ADEGA esixe agora a restauración da zona húmida, na que se atopan as nacentes dun regato que vai dar ao Tórdea.
04/09/2026
| Lugo
A asociación sinala que a súa posición é a mesma en Barreiros que en calquera outro concello: defender o cumprimento da normativa e unha planificación urbanística responsable que evite a degradación permanente do medio e da paisaxe.
10/08/2026
| Vigo
A presidenta de ADEGA-Vigo, Lucía Soliño, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, presentaron a mostra, que permanecerá nos xardíns do Concello ata o vindeiro 15 de setembro.
05/08/2026
| Compostela
Advirte que a capacidade para tratar residuos da construción en Galiza xa supera nun 700% a súa xeración anual.
30/07/2026
| Lugo
A delegación de ADEGA en Lugo considera inaceptable que un organismo público manipule o contido da normativa para restrinxir o dereito da cidadanía ao paso público. Denuncia tamén a vulneración dos dereitos lingüísticos ao excluír o galego.
28/07/2026
| Lugo
A campaña de doazóns impulsada por ADEGA-Lugo para recorrer nos tribunais o plan parcial S5I vén de acadar a metade do obxectivo total de recadación, que ascende a 12000 €.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal