ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Novas /

Novas

Formulario de busca
21/08/2026

Fronte á seca, Galiza non precisa máis encoros e si unha xestión da auga máis eficiente

ADEGA demanda da Xunta e concellos algo máis que medidas populistas e parcheos en forma de máis encoros, transvasamentos e captacións. Compre rematar co desbaldimento da auga e xestionala como o que é: un ben escaso e imprescindíbel para a vida.

+info

19/08/2026

En plena alerta por seca, ADEGA denuncia o recheo dunha zona húmida en Castroverde

ADEGA presentou denuncias ante o Concello de Castroverde, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o SEPRONA e reclama a paralización inmediata dos recheos, a investigación dos feitos e a recuperación integral da zona húmida.

+info

24/10/2025

Un novo maltrato máis do río Rato

ADEGA - LUGO denuncia perante a CHMS as obras do río Rato e solicita a súa paralización

ADEGA Lugo vén de denunciar perante a CHMS as obras que se están a executar no río Rato afectando gravemente á sua morfoloxía, calidade das augas e especies ameazadas presentes.

+info

03/07/2025

A asociación ecoloxista denuncia a intención de construír un edificio de oito plantas nas marxes do Rato

ADEGA-Lugo lanza unha campaña para reivindicar as beiras dos ríos Miño e Rato como espazos verdes

ADEGA, canda a asociacións veciñais, colocan unha faixa rotonda das rúas Infanta Elena e Paradai para reivindicar a protección das beiras dos ríos

Na tarde do pasado luns, socias de ADEGA acompañada de xente das Asociacións de veciños de Paradai, colocaron unha faixa reivindicando que as beiras dos ríos de Lugo podan seguir sendo espazos verdes.

+info

13/02/2025

ADEGA reclama da Xunta o arquivo da solicitude de augas de ALTRI por vencer o prazo legal para resolver

Tras máis de 18 meses sen resolver a concesión de augas, a norma considera desestimada a solicitude. Isto obrigaría a ALTRI a reiniciar o procedemento.

+info

13/11/2024

ADEGA-Lugo e Ríos con Vida anuncian accións legais e sociais na defensa dos ríos de Lugo

Ambas asociacións denuncian a falta de protección dos ríos no Concello de Lugo, o que se traduce nun urbanismo alleo ao cambio climático e ás súas consecuencias.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal