Inicio / Novas / Educación ambiental / Roteirríos 2016. Río Arnego
07-03-2016
O próximo 12 de marzo comezamos co programa de roteiros do Proxecto Ríos, Roteirríos. Visitaremos un treito do río Arnego para coñecer o seu patrimonio natural e cultural. Esta actividade é gratuíta mais é preciso inscribirse, a través dos teléfonos 981 57 00 99 / 619 672 038 ou escribindo un mail a ramses@adega.gal
As prazas son limitadas.
O programa é o seguinte:
11.00 - Punto de encontro
11.15 - Breve explicacición e comezo do roteiro
12.00 - Observación de flora nemoral
13.00 - Inspección do río Arnego
14.30 - Xantar de campo
15:30 - Volta polo sobreiral
17.30 - Regreso e remate
É preciso traer auga e comida así como levar roupa axeitada para camiñar.
O roteiro é doado e pequeno, duns 6 Km.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal