ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA convoca unha charla en Santiso sobre os...

12-03-2024

ADEGA convoca unha charla en Santiso sobre os impactos da macrocelulosa de ALTRI na Ulloa

O acto terá lugar o próximo venres, 15 de marzo, ás 17:00 horas, no Concello Vello de Santiso.


A asociación ecoloxista ADEGA, en colaboración coa Plataforma Ulloa Viva, organiza unha charla informativa sobre os impactos ambientais da celulosa que a empresa portuguesa ALTRI prevé instalar en Palas de Rei. Terá lugar o próximo venres, 15 de marzo, ás 17:00 horas, no lugar Agro Chao, 27, no Concello Vello de Santiso.

No acto intervirán o secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, e a vogal de augas da asociación ecoloxista, Ana F. Santamarina. Nel, ADEGA explicará como pode proceder a veciñanza de aquí en diante e poñerá a disposición das persoas interesadas un modelo de alegacións para presentar contra o proxecto.

Trátase, en concreto, dunha factoría que prevé producir 400.000 toneladas de celulosa soluble e 200.000 de 'lyocell', un tecido fabricado a partir de pasta de madeira. A Xunta de Galiza vén de sacar a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto, que conta cun investimento previso de máis de 900 millóns de euros na súa primeira fase.

A macrocelulosa prevé ser dez veces maior ca Ence, lindaría coa zona de especial conservación (ZEC) da Serra do Careón, perpetuará o monocultivo de eucalipto en Galiza e terá unha enorme demanda de auga que condicionará o resto de usos en toda a bacía.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal