ADEGA

Outras actividades

Formulario de busca
25-06-2016

Festa de benvida ao verán na Eira da Xoana

Este sábado 15 de xuño, con roteiros, xantares, actuacións e por suposto, sardiñas e lume novo

+info

21-06-2016

Palestra sobre a situación e propostas para a Fraga de Casas Vellas

Este martes 21 de xuño no Círculo de Recreo de Lalín, debateremos xunto coa plataforma en defensa das Fragas de Catasós e Casas Vellas sobre a situación e propostas para este último espazo

+info

18-06-2016

Plantación de eucaliptos na Muralla de Lugo

ADEGA, Cultura do País e Mariña Patrimonio plantarán de eucaliptos o adarve da Muralla de Lugo, para visibilizar a destrución masiva e indiscriminada do noso patrimonio arqueolóxico a mans da industria do eucalipto. Será o sábado do Arde Lucus.

+info

Do 14-06-2016 ao 15-06-2016

Presentación do libro "Beatriz y la loba" en Lugo e Compostela

Os días 14 de xuño en Lugo e 15 en Compostela ADEGA colabora na apresentación do libro "Beatriz y la Loba" de Concha López Llamas, unha novela ecofeminista que afonda no fenómeno da violencia de xénero e de especie

+info

11-06-2016

Bicicletada e DJ Sessión polo río Miño en Lugo

A plataforma "Lugo de cara ao Miño" organiza unha bicicletada e un concerto de música electrónica para a tarde deste sábado, 11 de xuño, na defensa do río Miño, a carón do Pazo de Feiras, e participarán os DJ’s O.G. Selektah, Bass Bon e Amaterasu.

+info

07-06-2016

Debate-coloquio sobre o eucalipto en Castro Verde (Lugo)

Varias organizacións sociais, entre elas ADEGA, e ligadas ao concello de Castro Verde pretenden fomentar a reflexión crítica sobre o monocultivo do eucalipto a través dun debate que terá lugar o martes, 7 de xuño, ás 22 h., no CPI Castro Verde.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal