ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Oferta posto de traballo en...

Do 22-08-2022 ao 01-09-2022

Oferta posto de traballo en ADEGA-Formación en compostaxe

Condicións e requirimentos do posto de traballo ofertado

En ADEGA precisamos unha persoa para levar adiante actividades de formación e xestión no ámbito da compostaxe doméstica e comunitaria.

Lugar de traballo:
 Sede central: Santiago de Compostela. Mobilidade a diferentes concellos do país para realizar as actividades. Flexibilidade horaria.

Tipo de contrato: media xornada.

Duración do contrato: 4 meses.

Data límite para presentar CV: Ata xoves de setembro.

Requirimentos

Buscamos unha persoa comprometida coa defensa ambiental e con experiencia para desenvolver as seguintes tarefas:

  • Formación en materia de compostaxe doméstica e comunitaria
  • Xestión e seguimento de programas de compostaxe caseira e comunitaria.
  • Dinamización de grupos no eido ambiental.
  • Deseño  de materiais divulgativos (trípticos, unidades didácticas, manuais, presentacións, etc.).
  • Elaboración de notas de prensa e contidos para redes sociais.

Valorarase que a persoa candidata teña coñecementos e experiencia  noutros ámbitos da educación ambiental.

Imperscindible:
  • Dominio do galego escrito e falado.
  • Con permiso de conducir e disposición de automóbil propio.
  • Incorporación inmediata.

Terán preferencia:
  • Socias/os de ADEGA.

Como candidatarte

A presentación de currículos poderase facer enviando un correo electrónico a compostaxe@adega.gal, indicando no asunto “Convocatoria posto de traballo compostaxe”.

data límite para a presentación de currículos será o vindeiro xoves 1de setembro.

Tras unha primeira selección de candidaturas por méritos ou currículo, realizarase unha entrevista persoal ás aspirantes para escoller finalmente a persoa que desempeñará o posto de traballo.
É importante que os datos de contacto das persoas candidatas sexan facilitados para poderen ser contactadas por ADEGA. 

Grazas pola vosa atención.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal