ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado No Monte da Fraga

05-10-2021

Voluntariado No Monte da Fraga

Seguimos ofrecendo actividades de voluntariado no Monte da Fraga. Nesta ocasión ofrecemos "Charla e práctica de Eliminación de Flora Exótica Invasora" para dar a coñecer en máis profundiade a problemática das mesmas e ver "in situ" os traballos realizados, e en segundo lugar ofrecemos "Reparación de charcas" onde seguiremos arranxando a charca da UDC .


O punto de encontro para a actividade será  as 10,00h da mañá na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira) ; para a actividade “Chala e Práctica Eliminación de Flora Exótica Invasora"

O punto de encontro para a actividade será  as 16,00h da tarde na Porta da Fac. De Ciencias (A Zapateira); para a actividade “Reparación de Charcas”



Debido a normativa Covid seguimos con límite de prazas polo que é necesaria a inscrición previa enviando un correo a : itziar@adega.gal ou chamado ao 628378804


Todas as actividades de voluntariado realizaranse no Monte da Fraga, espazo da Universidade da Coruña (UDC) custodiado por ADEGA xunto á Oficina de Medio Ambiente (OMA) da UDC, GN Hábitat e o concello da A Coruña.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal