ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Noite dos Morcegos

11-08-2021

Noite dos Morcegos

Quirópteros e bosque de ribeira

A actividade terá duas partes, realizarase unha Noite dos Morcegos que ten por finalidade difundir e sensibilizar á sociedade sobre a importancia dos morcegos. Unha actividade que se ven desenvolvendo en máis de trinta países de Europa a través do proxecto EuroBats (www.eurobats.org) que cumpre 30 anos en 2021.
Así mesmo, realizarase unha formación teórico práctica sobre o programa Quiroríos. Quiroríos é un protocolo para o seguimento dos morcegos nos cursos fluviais como indicadores da calidade da auga e dos bosques de ribeira. Calquera que non sexa un experto pode facelo. Non obstante, organizamos xornadas de formación para promover a aprendizaxe do protocolo. Ademais, ofrecemos aos novos voluntarios a oportunidade de participar na mostraxe con observadores máis experimentados. Só se realiza unha mostra ao ano durante aproximadamente dúas horas, entre os meses de xuño, xullo e agosto.

 Segunda sesión, co apoio da Confederación Hidrográfica Miño Sil:
-11 de agosto, Monforte

As actividades serán en horario de tarde noite.
Para participar é preciso inscribirse enviando a Ficha de Inscrición a: ramses@adega.gal

Prazas limitadas e normas Covid vixentes

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal