ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mesa Redonda: Impactos da enerxía...

Do 30-04-2021 ao 05-05-2021

Mesa Redonda: Impactos da enerxía eólica sobre o Patrimonio

O mércores, 5 de maio, ADEGA dará comezo ao Ciclo de mesas redondas "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza", que se celebrará todos os vindeiros mércores, ata o 2 de xuño incluído. A través destas mesas de debate e reflexión ADEGA pretende analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poden carrexar para o noso territorio a actual enxurrada de proxectos eólicos que se está a tramitar tanto nos organismos da Xunta como do Estado. Arestora xa son máis de 130 proxectos eólicos, alén das súas infraestruturas de evacuación, os que se pretenden instalar en Galiza, e que en total suman máis de 10.000 MW de potencia en tramitación, case o triple do actualmente instalado.

A primeira mesa redonda deste Ciclo de debate versará sobre os impactos da enerxía eólica sobre o Patrimonio. Poderá verse en directo, ás 19:30 horas, desde a páxina web de ADEGA e desde a nosa canle de Youtube.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal