ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontros naturalistas (GNHábitat): 15...

18-06-2020

Encontros naturalistas (GNHábitat): 15 anos de Proxecto Ríos

Este xoves o GN Hábitat convida a ADEGA a participar nos seus Encontros Naturalistas virtuais, para dar a coñecer un dos proxectos ambientais galegos máis destacados: o Proxecto Ríos. Nacido no ano 2005, e coordinado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), o proxecto procura divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá, aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, e convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental. Na actualidade, o proxecto está promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través dos organismos Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio.E para falarnos desta iniciativa, e de todas as actuacións que leva aparelladas, teremos a sorte de contar cos compañeiros:

  • Virginia Rodríguez. Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Física e Química dende o 2006. Directora do IES Fin do Camiño (Fisterra) dende o ano 2014 ate o 2019, e Vicedirectora no IES de Brión dende setembro de 2019, centros nos que desenvolveu diversos proxectos ambientais. Hoxe día ocupa o cargo de Presidenta de ADEGA, sendo vogal de Auga dende o ano 2009 e coordinadora do Proxecto Ríos dende o ano 2004.
  • Ramsés Pérez. Licenciado en Pedagoxía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Educador Ambiental en ADEGA e coordinador dos programas e proxectos  de educación e voluntariado ambiental da asociación, dende o ano 2000. Impulsor de proxectos de Custodia do Territorio da entidade, e de Custodia Fluvial do Proxecto Ríos, así como doutras iniciativas de ADEGA como Charcas con vida ou o Programa de seguemento do Glis glis (rilón) no Macizo Central Ourensán.  Vogal do Observatorio Galego de Educación Ambiental dende a súa creación.
A emisión desta conferencia será en directo, o xoves 18 de xuño, ás 19h nas canles Facebook ou YouTube do GN Hábitat.

▶️ Enlace ao directo en Youtube: https://youtu.be/yglKesuFYLQ
▶️ Enlace ao directo en Facebook: https://bit.ly/2SQ6uUu
▶️ Enlace á sala de chat para o xoves: https://streamyard.com/gx5fvgm95a

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal