Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteirríos 2016 polo río Requeixo...
23-10-2016
O día 23 de outubro teremos o segundo Roteirriíos deste ano 2016. Desta volta faremos un percurso polo río Requeixo no Macizo Central Ourensán en Manzaneda. Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico e dando a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social.
Podes descargar o cartaz: Roteirrios río Requeixo en PDF
PROGRAMA
10:00 Punto de encontro no Bar Pendón de Manzaneda.
11:00 Saída de Requeixo.
14.00 Xantar no pobo abandoado de Prada.
15:30 Visita por Prada, os regos e os arredores.
16:00 Volta cara Requeixo.
17:30 Remate.
É preciso traer auga e comida, así como levar roupa axeitada para camiñar.
O roteiro é de dificultade media-baixa. A distancia total é de 14-15 Km.
As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse:
Teléfonos: 981 57 00 99 / 616 238 050.
e-mail: ramses@adega.gal
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal