ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Palestra sobre a situación e propostas...

21-06-2016

Palestra sobre a situación e propostas para a Fraga de Casas Vellas

Este martes 21 de xuño no Círculo de Recreo de Lalín, debateremos xunto coa plataforma en defensa das Fragas de Catasós e Casas Vellas sobre a situación e propostas para este último espazo.

Perante o retraso na tramitación do ENIL por parte do concello de Lalín e logo da inclusión da Fraga de Casas Vellas como Lugar de Interese Paisaxística por parte da Xunta, exploraremos as posibilidades que se abren para a protección deste espazo, aínda ameazado pola liña de alta tensión que pretende GN-FENOSA.

No acto intervirá Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA xunto con membros da Plataforma Salvemos Catasós-Casas Vellas.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal