ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Presentación do libro "Beatriz y la...

Do 14-06-2016 ao 15-06-2016

Presentación do libro "Beatriz y la loba" en Lugo e Compostela

ADEGA convídavos á presentación da novela ecofeminista “Beatriz y la loba” de Concha López LLamas.

Será en Lugo o 14 de xuño ás 19:30 na Ferretería (San Froilán, 11) coa presenza da autora presentada por Adela Figueroa, ex-presidenta de ADEGA.

E en Compostela, o 15 de xuño ás 19:45 na Libraría Couceiro (Cervantes, 6). Colaboran na presentación:
-Fins Eirexas, secretario executivo de ADEGA.
-Xavier Pumariño, biólogo e membro de ASCEL.
-Concha Fernández, concelleira de políticas sociais, diversidades e saúde.

Sinopse: Beatriz, unha rapaza zamorana, e Oak, unha lobeta nada nas saias da Serra da Cabrera, perden á vez os sustentos necesarios para a vida: hábitat, familia, alimento e traballo. No traxecto vital que realiza cada unha para sobrevivir, vanse definindo aspectos esenciais da cultura propia de cada especie e dos efectos xerados pola interacción entre ambas.
En “Beatriz y la loba” a violencia de xénero e de especie, que algúns machos de Homo sapiens infrinxen ás súas femias e aos cánidos salvaxes, constitúese no fío que conecta a vida de Beatriz e de Oak.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal