ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Rota intermareal polas Xubias

10-10-2026

Rota intermareal polas Xubias

Rota intermareal polas Xubias

As Xubias é un dos barrios máis mariñeiros da Coruña, e o seu entorno atesoura unha gran biodiversidade. Este entorno é ademáis un lugar con gran cantidade de pequenas e grandes historias.

Durante o percorrido visitaremos bancos marisqueiros para descubrir os valores deste espazo natural así como as súas ameazas. O roteiro está guiado por Teresa Ramiro, mariscadora e poetisa, e Xandro García, biólogo mariño e membro de ADEGA.

A andaina ten unha duración aproximada de 2h durante as cales percorremos uns 1,5 km e ten unha dificultade media - baixa. Non está recomendado para persoas con dificultade de mobilidade.

Esta actividade é de balde pero precisa inscripción previa, que podes facer neste formulario.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal