ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental no Couto da Eirexinha

12-09-2026

Voluntariado ambiental no Couto da Eirexinha

O vindeiro sábado 12 de setembro comezamos o curso no Couto da Eirexiña, desta volta cunha xornada de eliminación de rebrote de eucalipto na Comunidade de Montes de Loureiro. Despois teremos un xantar vexetariano na Casa do pobo de Loureiro.

Programa do voluntariado ambiental*

9:45 h – Punto de encontro no Cemiterio de Loureiro
10:00 h – Comezo da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar na Casa do Pobo de Loureiro
16:00 h – Fin da xornada

*A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano

Queres participar nesta actividade?

Inscríbete na actividade da mañá de deseucaliptización, na da tarde da Limpeza do río Almofrei ou en ambas. Lembra marcar se quedas a xantar. Este é o Formulario de inscrición

A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves, 10 de setembro, ás 13:00h.
Se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com


Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal