07-06-2025
ADEGA celebra neste 2025 os seus 50 anos de loita e compromiso coa defensa da terra e do medio ambiente galego. Para conmemorar esta data, organizamos un gran festival o sábado, 7 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Agardamos que nos acompañes e sigamos sumando xuntas moitos máis anos de vida na defensa da terra e do medio ambiente!
Pensado para todos os públicos, esta xornada combinará unha ampla feira de produtos agro, ecolóxicos, de artesanía e de colectivos, xunto con mesas redondas, xogos tradicionais, proxección documental, encontro solar e concertos ata a madrugada, entre eles, de Loita Amada, Filophóbicas ou Catro nun zoco. ADEGA quere así compartir este aniversario con toda a cidadanía e celebrar a histórica loita colectiva por unha Galiza máis xusta e sustentable.
Participa na feira!
Se queres participar na feira que terá lugar no interior do Pazo de Feiras, cumprimenta este formulario antes do 30 de maio. A participación na feira é de balde, pero terías que traer o teu posto e indicarnos as dimensións. Se non tes posto ou mesa, podes indicárnolo no último punto. En caso de que houbese moitos expositores e viramos limitado o espazo, tratariamos de elixir por sectores e orde de inscrición. Se tes algunha dúbida, podes contactar no correo electrónico adegalugo@adega.gal ou no 982240299.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal