ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XIII Limpeza Simultánea de Praias

26-10-2024

XIII Limpeza Simultánea de Praias

ADEGA convoca un ano máis a XIII Limpeza Simultánea de Praias, que terá lugar na fin de semana do 25 ao 27 outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña.

Están chamados a participar nesta actividade e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf e mergullo, clubs de piragüismo e vela, sector da pesca e marisqueo, concellos do litoral, e entidades de todo tipo de Galiza, tanto públicas coma privadas, ademais das persoas particulares.

Se tes interese en participar manda un correo a itziar@adega.gal. Anímate!

Mapa de limpezas

Neste mapa podedes consultar as limpezas que se van realizar. Se premedes en cada areal, podedes consultar se son grupos abertos ou pechados. Aqueles grupos abertos, terán un contacto ao que poderedes escribir para anotarvos á limpeza.

Non perdas a oportunidade!


Concellos colaboradores: Concello de Ares, Concello de Cangas, Concello de Carballo, Concello de Muros, Concello de Nigrán e Concello do Grove.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal