ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Campaña Salva o Lérez. STOP A-57

Do 14-03-2024 ao 14-05-2024

Campaña Salva o Lérez. STOP A-57

ADEGA, en colaboración coa plataforma veciñal de afectados e afectadas pola A-57 nas parroquias de Xeve e Bora, lanza a campaña de recadación solidaria “Salva o Lérez. Stop A-57”. A iniciativa está destinada a acadar os fondos necesarios para  poder emprender accións legais contra a aprobación do proxecto definitivo e estudo de impacto ambiental da autovía A-57, no seu tramo entre A Ermida (Marcón) e Pilarteiros (Xeve), no concello de Pontevedra.

O obxectivo final da campaña é poder recorrer na Audiencia Nacional a autorización da construción deste segundo treito da A-57, antes de que exerza sobre o territorio un impacto ambiental, patrimonial e social irreparábel e inasumíbel para a cidadanía pontevedresa e para o conxunto do pobo galego.

Para ADEGA, a recente autorización do segundo treito da A-57 ao carón da cidade de Pontevedra representa un paso atrás no cumprimento da normativa ambiental vixente e no camiño cara a transición ecolóxica e as políticas de mobilidade sustentábel.

Doa! Difunde!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal