Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de formación para stakeholders |...
05-05-2023
ADEGA organiza un plan de formación e capacitación dixido a stakeholders, persoas involucradas na xestión de ecosistemas fluviais e grupos de interese, para afondar no concepto de custodia do territorio e custodia fluvial.
Esta actividade terá lugar o venres, 5 de maio, no Albergue Alentea, en Covelo, Pontevedra, a partir das 16:30 e ata as 21:00 horas, co seguinte programa:
16:30 h Presentación do Proxecto FLUVIATILIS.
16:45 h Introdución á Custodia do Territorio e Custodia fluvial.
O curso de formación desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais.
Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal