Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 88 - Galiza contra...

Inverno 2022

CERNA Nº 88 - Galiza contra a vaga eólica

Artigos da revista CERNA Nº 88

ADEGA no Climate Social Camp de Turín

Lucía A. Anido

Páx. 34-36

No mes de xullo de 2022, ADEGA foi convidada a participar no Climate Social Camp polo colectivo Ecología Política de Palermo. O festival, promovido por Fridays For Future Turín, foi o punto de encontro de multitude de organizacións e persoas de todas as partes do mundo, e permitiu compartir experiencias en loitas e unha gran cantidade de información.

Matria. Poesia para a Terra

Xiana Iglesias

Páx. 37-38

Matria. Poesia para a Terra é a cuarta obra poética individual da bióloga e escritora Adela Figueroa Panisse. Matria é substantivo feminino que refire a “pátria-mãe; terra-mãe; a pátria, sob uma perspectiva feminina”. Matria é unha urxencia poética de signo feminino atravesada por unha inherente sensibilidade ecolóxica na que Natureza e Muller dialogan. Matria é literatura ecofeminista, lírica política, verso íntimo, crise climática, sensualidade. Matria é un lugar no que resistir e polo que resistir. Matria é a orixe.

O bosque de ribeira do río Barcés. Diagnóstico e propostas de actuación

Jaime Fagúndez, Judith Brañes, Yaiza R. Lueje e María J. Servia.

Páx. 39-42

Os bosques de ribeira teñen unha gran importancia na regulación da dinámica hidrolóxica dos ríos, e serven tamén de indicadores do seu estado ecolóxico. Neste estudo avaliamos o estado do bosque de ribeira do río Barcés, o río que abastece gran parte da auga demandada pola cidade da Coruña. Identificamos os principais impactos que afectan ó bosque e propoñemos medidas de restauración e conservación.

Refuxios para insectos

Ramsés Pérez

Páx. 43-45

Os Hoteis de insectos son construcións dedicadas a diferentes especies de invertebrados que están a sufrir un serio declive. Abordaremos as cuestións relacionadas coa súa problemática e propostas que axuden á súa conservación.

Valados que constrúen paisaxe

Mercedes Máquez Roel

Páx. 47-51

Son trazos propios da cultura rural aqueles que se atopan na construción dos valados tradicionais: riqueza de tipos, funcionalidade, sobriedade, integración, valor da tradición e dispersión. A proximidade do material, a función e a relación coa paisaxe, xunto coa dimensión estética, cultural e dos xeitos de facer tradicionais explican por que en cada zona se construía un determinado tipo de valados. As tendencias actuais de peches estandarizados, de pouca calidade material e construtiva, que prestan escasa atención ao contexto no que se insiren, están a modificar a paisaxe agraria, o que supón unha perda de calidade e de identidade.

Os valados do noso universo galego

Xulia Lomba Fernández e Xosé María Lomba

Páx. 52-55

A construción do valado é un exemplo de tradición galega enfocado na gandaría e agricultura. Para evitar o paso dos animais a través das diferentes fincas, estes muros serviron de moito máis que de arquitectura, e crearon tamén pequenos ecosistemas neles. Con este artigo preténdese protexer o seu vocabulario específico, para salvalo e que non se perda, como sucede con moitas destas construcións.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal