Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 83 -...

Outono 2020

CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade

Artigos da revista CERNA Nº 83

O Proxecto Virada monitoriza cetáceos para reducir as súas capturas accidentais en Galicia

Jose A. Martínez, Iago Izquierdo e Alfredo López

Páx. 22-24

As augas galegas son un escenario no que se producen numerosos e diversos tipos de interaccións entre os cetáceos e a actividade pesqueira. Contamos cunha comunidade de cetáceos composta por máis de vinte especies, que comparte o seu hábitat cunha moi numerosa e variada flota pesqueira, á que pertencen o 85% dos barcos que faenan nas augas do caladoiro Cantábrico Noroeste. O Proxecto VIRADA, en activo desde 2019, aborda esta relación e busca reducir a mortalidade por captura accidental en artes de pesca da toniña e o arroaces.

O sistema agroalimentario na post-Covid

Alberte Sánchez Regueiro

Páx. 25-26

Non podemos, nin debemos, volver á normalidade despois desta crise sanitaria e económica mundial. A normalidade é inxusta e destrutiva. Desde o punto de vista agrícola e alimentario, o habitual e maioritario nos países industrializados é, ademais de inxusto e destrutivo,distópico.

Alfonso del Val dixit

Txema Alonso e Pablo Kaplún

Páx. 27-28

Un grupo de amigos e amigas de Alfonso del Val, sabedores de que as súas achegas ao desenvolvemento do ecoloxismo no Estado español foron máis que importantes e conscientes de que a súa produción en forma de libros, artigos e estudos non está nin compilada nin difundida convenientemente, decidimos construír un portal web que sirva como repositorio do seu coñecemento e actividade. Estamos convencidos de que moitos e moitas atoparán nel documentación valiosísima para avanzar no coñecemento do ecoloxismo político do que, non podemos cualificalo doutra maneira, Del Val é un experto.

A propaganda das "aldeas modelo"

Xurxo Álvarez

Páx. 29-30

Baixo o nome de “aldeas modelo” a Xunta asegura que pretende fomentar a posta en marcha de actividades agrogandeiras na franxa máis próxima ás vivendas, de xeito que non sexa precisa a limpeza da matogueira ou roza para previr lumes. A finais de decembro de 2020, segundo informaban, estaban rexistradas 60 peticións para aldeas modelo, das que 18 xa estaban en marcha, unha ducia delas en fase de execución, e dúas, as de Osmo (Cenlle) e Trascastro (O Incio), en funcionamento.

De bidóns verdes e araos papagaios laranxa

Atocha Ramos e Cosme Damián Romay

Páx. 31-32

Xusto antes de que a COVID-19 aparecese nas nosas vidas, as praias galegas enchéronse de aves mariñas mortas. Desde finais de febreiro ata mediados de marzo de 2020 atopáronse en toda a fachada atlántica ducias de cadáveres de araos papagaios, araos dos cons, carolos, mascatos e gaivotas, todos manchados en maior ou menor medida dun produto oleoso alaranxado que parecía proceder dunha vertedura ilegal no mar.

A «Floresta» em Portugal porquê uma aliança pela floresta autóctone

Jorge Moreira, Marta Mota e José Carlos Costa Marques

Páx. 33-35

A pedido da Cerna, e para tornar mais compreensível aos conservacionistas e ecologistas da Galiza a situação da floresta autóctone em Portugal, enviamos estas notas que poderão ter alguma utilidade. Expomos por ordem cronológica, ao longo de cinco anos, como surgiu a Aliança pela Floresta Autóctone e como tem vindo a desenvolver-se e enraizar-se, muito lentamente é certo, como iniciativa informal.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal