Inicio / A enerxía eólica mariña: potencial e interese na Galiza
13-04-2021
Un dos trazos que define a produción eléctrica no noso país é a gran potencia instalada e a alta xeración. No 2019 tiñamos 11.416 megavatios (MW) de potencia eléctrica que representaban case o 11% do total do Estado. Unicamente nos superaba Cataluña, Andalucía e Castela-León, mentres estaban moi lonxe de nós zonas industriais como Madrid (458 MW), País Vasco (2.929 MW), ou a Comunidade Valenciana (8.223 MW). No 2020 a potencia baixaba a 10.882 MW, sendo aínda unha cifra moi considerable.