Inicio / Números anteriores / Boas prácticas na eólica galega? O caso de Muras
CERNA Nº 89 - Cabalos Salvaxes en Galiza
Páx. 5-8
Recentemente a prensa facíase eco dos resultados dun proxecto de investigación que presenta os casos de éxito no desenvolvemento das enerxías renovábeis en España, entre os que aparece unha experiencia galega: a de Muras, na Terra Chá luguesa, un concello no que hai 153 aeroxeradores dentro da Rede Natura. Non semella que esteamos diante dun modelo que sirva para extraer boas prácticas encamiñadas á conservación da biodiversidade, ao respecto dos valores naturais dos ecosistemas e á consideración dos intereses das comunidades locais.