Inicio / Números anteriores / Vaga Eólica. O caso de Outes: Área de desenvolvemento...
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 47-48
En Galiza contamos cunha morea de ADE’s (Áreas de Desenvolvemento Eólico) nas que as promotoras poden tramitar un ou varios parques eólicos, sendo estas as responsables de realizar os estudos de impacto ambiental. Este feito non é inocuo. Se temos en conta o custe que poden ter estudos como o hidrolóxico, hidroxeolóxico... a problemática está servida. As empresas “barren para a casa” e os humidais quedan desprotexidos.