Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / Afección da COVID-19 no programa de compostaxe Revitaliza...

Afección da COVID-19 no programa de compostaxe Revitaliza de Pontevedra

María M. Abraldes e Carlos Pérez Losada

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 35-37

Cando en marzo de 2020 foi declarado o estado de alarma no estado español, a primeira reacción nesta Deputación de Pontevedra foi a de pechar todos os centros de compostaxe comunitaria (CCC) baixo control directo do REVITALIZA. Afortunadamente, tras esa primeira reacción consecuencia dun comprensíbel pánico inicial, axiña retornou o sentido común. O retorno ao pragmatismo veu a reafirmar que os CCC, como centros de xestión local de residuos, son un “servizo esencial”. Tamén os COIN (composteiros individuais), difíciles estes para un peche decretado ao se atopar na privacidade das vivendas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal