Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / Impacto ambiental da gandería industrial na Limia

Impacto ambiental da gandería industrial na Limia

Manuel García

CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade

Páx. 19-21

A industria de produción intensiva de carne barata na Limia fracasa estrepitosamente ao non ser capaz de xestionar adecuadamente os residuos que xera. A Limia ten que absorber cada ano máis de 1.000.000 de toneladas de residuos gandeiros que son vertidos ao medio provocando a contaminación dos recursos hídricos. Grupos ecoloxistas como MEL e SGHN veñen denunciando desde hai anos esta desfeita ante as administracións recibindo a calada por resposta. A denuncia ante Bruxelas desta problemática, a declaración de augas afectadas por parte do Ministerio, así como a mobilización veciñal poden axudar a cambiar a actitude da Consellería de Medio Rural, da Confederación Hidrográfica e das industrias cárnicas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal