<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 16/02/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1131 Thu, 15 Feb 2024 03:53:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 16/02/24 ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que rexen o clima en Europa, e xa mostran os seus primeiros signos de colapso. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 09/02/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1130 Thu, 08 Feb 2024 05:45:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 09/02/24 A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 02/02/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1129 Thu, 01 Feb 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 02/02/24 ADEGA lanza #EuQueroProxectoRíos, a campaña de recollida de sinaturas pola continuidade do emblemático Proxecto Ríos, o programa de voluntariado ambiental en ríos ao que a Xunta de Galiza vén de retirar o seu apoio. Ademais, a coordinadora Eólica Así Non propón ás forzas políticas candidatas a gobernar a Xunta un decálogo para un modelo enerxético alternativo. E ás portas das novas eleccións, Medio Ambiente subvenciona o sector da caza con 30.000 euros. A Fiscalía abre expediente contra Sogarisa e a Xunta polos reiterados episodios de contaminación no polígono das Somozas. Novo récord histórico de calor en Europa: 38,8ºC. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 26/01/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1128 Thu, 25 Jan 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 26/01/24 A Xunta de Galiza retira o seu apoio ao emblemático Proxecto Ríos e abandona definitivamente o voluntariado galego en plena crise ambiental. Ao tempo, a cidadanía galega sae á rúa para reivindicar uns mares sen plástico ante o desastre ambiental dos pellets. A empresa propietaria da mina de San Finx está imputada por delitos contra o medio ambiente; e o persoal traballador denuncia o estado de abandono da planta de residuos de Lousame. Ti Podes Paralos! supera os 190.000 euros recadados, o que permitirá a ADEGA recorrer unha trintena de proxectos eólicos nos tribunais. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 19/01/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1127 Thu, 18 Jan 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 19/01/24 O ecoloxismo chama á mobilización social este domingo, 20 de xaneiro, en Compostela en defensa do mar e contra a incompetencia dos gobernos da Xunta e o Estado na xestión da marea de pellets que asola as costas galegas. Tamén esta semana sóubose que o proxecto de celulosa Altri na Ulloa ocultou información sobre o impacto da súa factoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo de extinción. O ano 2023 foi o máis cálido en Galiza en seis décadas; e varias plataformas denuncian os nesgos na aprobación de cinco proxectos eólicos por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica. Estas e outras noticias, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 01/12/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1126 Thu, 30 Nov 2023 02:15:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 01/12/24 Novas mobilizacións de Eólica Así Non polo Día das Montañas fronte a gobernos e especuladores. O TSXG paraliza cautelarmente o parque eólico Campo das Rosas en terras da Rapa das Bestas. Nace tamén a plataforma Galiza sen gas, da que forma parte ADEGA, para acelerar o abandono dos combustibles fósiles. O futuro climático debátese en Dubái, na COP28, mentres que organizacións ecoloxistas reclaman o dereito dos pobos a vivir nunha contorna digna e sa. Outes será o primeiro concello en recoñecer os dereitos dun río. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 24/11/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1125 Thu, 23 Nov 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 24/11/23 A coordinadora Eólica Así Non mobiliza centos de persoas fronte ao Parlamento de Galiza contras as leis do PP que entregan o país definitivamente ao capital privado. A Xunta de Galiza retira o permiso que lle concedeu á mina de San Finx para verter augas contaminadas. Un estudo coordinado por ADEGA duplica o número de especies botánicas coñecidas na Illa de Tambo. E ademais, a Comisión Europea permite o uso do glifosato unha decada máis. Estas son algunhas das noticias de máis actualidade que tratamos neste novo programa de Radio Cerna. Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 17/11/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1124 Thu, 16 Nov 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 17/11/23 A Xunta de Galiza deixa maioritariamente en mans privadas a nova sociedade mixta para impulsar proxectos de renovables, da que formarán parte empresas como Abanca, Ence ou Finsa. Fronte á política eólica da Xunta, a coordinadora Eólica Así Non convoca a sociedade galega a unha nova concentración fronte ao Parlamento de Galiza. Ademais, a Xunta acepta a Ence na Alianza Galega polo Clima. Puxeron o raposo a coidar das galiñas, di a APDR. Tamén esta semana a SGHN reclamou que a gaivota sexa considerada especie vulnerable en Galiza; e un estudo confirma que millóns de microplásticos caen do ceo cada día. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 10/11/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1123 Thu, 09 Nov 2023 04:31:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 10/11/23 Terremoto político en Portugal por presunta corrupción en dúas minas de litio na fronteira con Galiza. Aquí, Amancio Ortega ultima a compra do 49% dunha megacarteira de renovables de Repsol. Inditex, ademais, érguese como unha das marcas máis contaminantes con toneladas de roupa transportadas por avión, segundo unha recente investigación. No mar, vén de acabar a campaña marisqueira máis curta da historia na ría de Muros e Noia; e o mundo da apicultura reclama á Xunta a creación dun comité específico para a loita contra a velutina. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 03/11/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1122 Thu, 02 Nov 2023 05:29:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 03/11/23 Unha empresa andaluza proxecta tres parques eólicos fronte á costa da Mariña; e en terra, máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia asinan o Manifesto Acibal contra o espolio eólico dos montes. Ademais, 21 explotacións mineiras en Galiza están en situación irregular, segundo o Observatorio Ibérico da Minaría. Tres sociedades científicas denuncian os impactos ambientais do proxecto de modernización dos sistemas de rega na Limia; e a UNESCO tacha a iniciativa de praia fluvial sobre o Miño de "acción destrutiva". Todo isto e máis, en Radio Cerna! Dálle ao play!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 27/10/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1120

]]>
Fri, 27 Oct 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 27/10/23 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente o polígono Acibal, situado en Barro, Campo Lameiro e Moraña. Esta sentenza supón un novo golpe xudicial para a política eólica da Xunta nun momento no que manobra coa lei para procurar "blindar" o seu modelo a través das declaracións dos proxectos de "interese público superior". Mentres, a campaña Ti Podes Paralos! lanza un novo desafío para frear o P.E. Zamorra, en Agolada. Mantense a guerra aberta entre a Xunta de Galiza e o Goberno español a conta das competencias sobre o litoral; e o xacinto de auga ameaza a biodiversidade galega. Todo isto e máis, en Radio Cerna! 


<![CDATA[Boletín informativo ambiental 20/10/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1119 Fri, 20 Oct 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 20/10/23 A patronal eólica volve cargar contra a Xustiza e os colectivos ecoloxistas polas anulacións e suspensións cautelares de polígonos eólicos en Galiza. Mentres, ADEGA alerta que a lei de beneficios sociais da Xunta pode acabar nun lavado de cara para o lobby eólico, mineiro e pasteiro. Ademais, Iberdrola, Naturgy e Endesa pagan máis de medio millón de euros ao ano para influír nas políticas europeas segundo unha investigación internacional. A Xustiza paraliza cautelarmente a explotación mineira da Penouta, en Viana do Bolo; e Galiza vive o seu peor incendio do 2023 na Mariña. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 06/10/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1118 Fri, 06 Oct 2023 09:08:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 06/10/23 Medio século despois, a central térmica das Pontes deixa de queimar carbón. Apágase un símbolo industrial e cesa unha das maiores fábricas de cambio climático de Europa. Ao tempo, xa son 40 os recursos contra parques eólicos que chegaron ata o de agora ao TXSG. Tamén esta semana se publicou un informe que indica que o 78% de Galiza respirou aire contaminado por ozono ao longo deste ano. Primeira semana coa Lei de Benestar Animal en vigor. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 29/09/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1117
]]>
Fri, 29 Sep 2023 09:29:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 29/09/23 A Xunta de Galiza acumula frontes abertas nos xulgados en materia medioambiental, a conta do modelo eólico, a mina de San Finx e a cidade deportiva do Celta en Vigo. Ademais, esta semana toca dicir adeus á purpurina e demais produtos con microplásticos engadidos intencionadamente. ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas; mentres a sociedade galega volveu mollarse polos ríos un ano máis a través da Limpeza Simultánea de Ríos impulsada por ADEGA. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna! 

<![CDATA[Boletín informativo ambiental 22/09/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1116 Fri, 22 Sep 2023 09:26:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 22/09/23 A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica lanza unha nova plataforma (https://retotpp.heroes.help) para que calquera persoa poida reunir fondos para a causa a través de retos persoais. Auditores da Unión Europea poñen en dúbida que a eólica mariña sexa inocua para o medioambiente. O Consello da Cultura Galega alerta de que o eucalipto provoca unha perda de biodiversidade e urxe medidas. A emerxencia cinexética declarada pola Xunta é unha decisión "improvisada" e "acientífica", segundo ADEGA. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 15/09/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1115 Thu, 14 Sep 2023 10:34:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 15/09/23 Un complexo eólico cunha potencia de máis de 320 megawatts ameaza as comarcas da Limia e Monterrei, mentres que a campaña de recadación colectiva Ti Podes Paralos! contra a depredación eólica se achega aos 160.000 euros reunidos. A Xunta subvencionará a eólica mariña con máis de 5 millóns de euros; o proxecto de central de bombeo en Castrelo de Miño xera rexeitamentos na veciñanza; e a Xunta de Galiza permite a caza sen límite de xabarís no 80% de Galiza. Todos estes temas da actualidade medioambiental da semana, e máis, neste novo episodio de Radio Cerna.  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 08/09/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1114 Thu, 07 Sep 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 08/09/23 A campaña de recadación solidaria #TiPodesParalos supera a barreira dos 150.000 euros. Á par da eólica, Galiza vive o boom da hidroeléctrica, con 7 centrais de bombeo proxectadas no territorio. Tamén esta semana a mina de San Finx volveu ao foco informativo tras saberse que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos. A Xunta expedientou á mineira. A guerra contra o lobo regresa e confírmase que o verán do 2023 foi o máis cálido dende que hai rexistros. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 28/07/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1113
Todo isto e máis, en Radio Cerna!]]>
Fri, 28 Jul 2023 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 28/07/23 A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos está a piques de superar os 100.000 euros en doazóns, un fito moi importante, e suma un novo desafío para procurar frear o P.E. Paraño Oeste. Ao tempo, as eólicas dinamitan o Acibal, un monte cheo de petróglifos e pedras históricas en Moraña, na comarca de Caldas; e no mar, Portugal prioriza a zona da fronteira con Galiza no seu estreo da eólica mariña. O cambio climático é unha das maiores preocupacións da cidadanía actualmente, e os seus efectos nótanse en terra e nas augas. As altas temperaturas están detrás da morte masiva de navallas na Lanzada. 

Todo isto e máis, en Radio Cerna!
<![CDATA[Boletín informativo ambiental 21/07/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1112 Thu, 20 Jul 2023 12:00:00 +0200 00:10:30 no Boletín informativo ambiental 21/07/23 As montañas orientais de Galiza urxen o apoio social a través da campaña Ti Podes Paralos para frear a invasión eólica. Mentres a patronal mantense nunha cruzada contra as sentenzas que tombaron varios parques eólicos autorizados pola Xunta de Galiza. ADEGA cualifica estes ataques de indecentes e antidemocráticos. Ademais, a Fiscalía abre dilixencias contra altos cargos de Augas de Galiza por autorizar verteduras da mina de San Finx; e a cidade deportiva que o Celta constrúe nos montes comunais de Mos esquiva unha rigorosa avaliación ambiental. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 14/07/23]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1111 Fri, 14 Jul 2023 08:40:00 +0200 00:10:00 no Boletín informativo ambiental 14/07/23 O cambio climático irrompe na campaña electoral e as formacións políticas destapan as súas propostas diante do reto da transición ecolóxica, no que aparece o debate eólico. Neste mesmo ámbito, as presións da patronal eólica, da Xunta (e agora tamén de CCOO) contra os xuices que anularon os parques eólicos de Campelo e Bustelo persisten, ata o punto que o propio TSXG e Xuíces pola Democracia tiveron que pedir respecto pola independencia xudicial. Desde ADEGA cualifícas a situación de vergoñenta e lamentable e anima ao pobo a seguir denunciando a invasión eólica inxusta e insustentábel a través da campaña "Ti podes paralos!". Isto e moito máis neste espazo de Radio Cerna!