31/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA desminte varias das afirmacións que fixo o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, en comparecencia parlamentaria, sobre o plan de control dos lobos híbridos no Barbanza, tras unha petición de AGE. O responsable da Xunta, segundo ADEGA, minimiza o número de batidas realizadas así como as capturas e os resultados da cacería durante os anos 2011 e 2012.
30/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Portos de Galicia e o concello de Sanxenxo autorizan a colocación de novos pantaláns para embarcacións recreativas do Clube Náutico do concello. Pero este feito está a desgustar a gran parte dos veciños e veciñas pola alteración que están a sufrir dúas praias urbanas do municipio, bens públicos, a favor dun negocio privado.
29/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Co fipronil xa son 4 os pesticidas neonicotinoides que a Unión Europea restrinxe no último ano. Estes activos tóxicos afectan o sistema nervioso das abellas e fanas desaparecer. Un risco do que finalmente se está a decatar a UE e que agora intenta atallar coa prohibición temporal destes praguicidas. O fipronil é un dos máis perigosos, aínda así España é un dos países que avoga por seguir utilizándoo para o tratamento das sementes de millo e xirasol.
24/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Esta é a disxuntiva á que se enfrontan os comuneiros e comuneiras da parroquia de Cabral de Vigo. "Porto Cabral" pretende ser o maior centro comercial de Galiza, nas proximidades de Vigo, cunha extensión de 500.000 m2 auspiciada pola empresa Eurofund de capital británico. Pero o monte no que se quere instalar é de man común polo que está sometido á lei que regula este tipo de xestións comunais. A lei prohíbe que o monte se poda vender ou dividir. Aquí aparece a controversia. A puxa por conservar o monte ou darlle un uso comercial está aberta.
23/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Nace como iniciativa do goberno galego e da Rexión Norte de Portugal, para promover en Galiza a produción e comercialización de produtos ecolóxicos, nomeadamente de froiteiras, catiñeiros e oliveiras. Agora atópase na súa fase final e imos coñecer como se desenvolveu.
22/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O Instituto de Estudos Miñoranos vén de solicitar a catalogación de 15 minas de ouro romanas na Serra da Groba. Paralelamente, unha empresa canadiana solicita a prospección e sondaxe da zona, o que podería supór un grave impacto sobre os vestixios romanos, ademais doutras alteracións na contorna.