ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
07/11/2014 | Lugo

ADEGA alerta sobre o impacto ambiental e na saúde da gasolineira de Carrefour de Lugo

Antonte, ADEGA celebrou onte unha mesa redonda na que se puxo de relevo o impacto ambiental e na saúde das persoas que suporía a instalación dunha gasolineira nas inmediacións do centro comercial de Carrefour de Lugo, a escasos 70 metros do río Miño.

+info

03/11/2014 | Ferrolterra-Trasancos

Vitoria cidadá e ecoloxista na defensa da praia da Madalena

A Fiscalía Ambiental do TSXG confirma que Costas desistíu da súa teima de deitar 172.000 toneladas de area na praia da Madalena e na reserva mariña de Cedeira. Outra volta, a presión cidadá evita unha desfeita ambiental

A Fiscalía Ambiental do TSXG confirma que Costas desistíu da súa teima de deitar 172.000 toneladas de area na praia da Madalena e na reserva mariña de Cedeira. Outrea volta, a presión cidadá evita unha desfeita ambiental

+info

31/10/2014 | Ferrolterra-Trasancos

O Comité Cidadán de Ferrol leva á Fiscalía Anticorrupción as operacións de Méndez en REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, do que fai parte ADEGA, vén de trasladar á Fiscalía Anticorrupción as irregularidades no financiamento de REGANOSA por parte da antiga Caixa Galicia/Nova Caixa Galicia sendo presidente X. L. Méndez

+info

30/10/2014 | A Coruña

Terrorismo ambiental na Ría do Burgo: mais outro ano sen cartos para rexenerala

A Ría do Burgo volta a ser esquecida nos orzamentos para o 2015, tanto nos do Estado como nos da Xunta. Non existe partida orzamentaria algunha para a súa rexeneración. Casualidade? Artigo de Amancio Sotillo, Presidente de ADEGA-Coruña

+info

15/10/2014 | Lugo

O Consello da Cultura dá a razón á veciñanza e a ADEGA e considera prioritario conservar o ameneiral de Sarria

Nun informe moi crítico coas administracións, o CCG considera o bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de conservación prioritaria e os seus elementos insubstituíbeis

+info

03/10/2014 | Lugo

ADEGA guiará 3 roteiros organizados pola Deputación de Lugo

Visitaranse bosques singulares da provincia

A Deputación de Lugo volveu confiar en ADEGA-Lugo este ano para guiar tres roteiros neste último trimestre, que estarán dedicados aos bosques galegos e que terán lugar o 26 de outubro, 16 de novembro e 14 de decembro.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal