ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
18/02/2015 | Lugo

O Eucalipto do Maná, primeira árbore senlleira en ser descatalogada?

Tras unha poda salvaxe que rebaixou á metade a súa altura

ADEGA e a FRUGA veñen de denunciar ante a D. X. de Conservación da Natureza, o SEPRONA e o concello de Castro de Rei a poda salvaxe do “Eucalipto do Maná” que afectou os valores naturais polos que foi protexido como árbore senlleira.

+info

28/01/2015 | Lugo

O Concello de Cospeito, multado con 30.600 € por vertidos á Lagoa de Cospeito denunciados por ADEGA

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao concello de Cospeito con máis de 30.000 euros por contaminar o Río Guisande e a Lagoa grande de Cospeito con augas residuais procedentes da antiga depuradora municipal.

+info

23/01/2015 | Monterrei

Altos níveis de metais pesados na bacía do Támega polas verteduras do AVE

Analíticas encarregadas pola delegación de ADEGA-Monterrei dos regos que drenan o Támega á altura de Laza, amosan altos valores de As (arsénico) e Pb (chumbo), entre outros metais pesados. Proveñen dos arrastres de sedimentos dende as obras do AVE

+info

22/01/2015 | Compostela

Catro anos despois, Compostela volta a acoller programas de compostaxe caseira

Despois de ficaren suspendidos en 2011, hoxe asinamos un novo programa de compostaxe caseira co concello de Compostela. Serán 100 fogares máis os que poderán acceder a un composteiro e bonificar un 50% a taxa de lixo

+info

20/01/2015 | Lugo

ADEGA-Lugo solicita a modificación do Plan Paradai para desafectar unha zona inundable

As obras do Plan Paradai de Lugo afectan á area de inundabilidade do río Rato e tamén á senda peonil que discorre ao seu carón, á altura da rúa Serra de Meira.

+info

14/01/2015 | Ferrolterra-Trasancos

Lotería de Nadal e do Neno. Campaña 2014-2015

Un ano máis, a campaña de venda de Lotaría do Nadal 2014 e Neno 2015 supuso un novo éxito de venda, coa repercusión económica para Adega e para a delegación comarcal.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal